Violentos Anos Vinte

By: Violentos Anos Vinte
  • Summary

  • Isto é un podcast sobre música galega. E non calquera música: a dos novos anos vinte, que xa non son felices, senón violentos. Buscamos ser un espello do que está sucedendo ao noso carón: grupos tocando nos locais das nosas cidades e artistas novos creando música na súa habitación. Queremos habilitar un espazo aberto á conversa —sempre pacífica, malia que o título engane— arredor da escena musical galega. Presentado por Celia Eiras, Anxo Fariñas e Daniel Portela, en colaboración coa revista dixital VINTE!
    Violentos Anos Vinte
    Show More Show Less
Episodes
  • Ep. 08 - DIY, autoxestión e autoprodución
    Jun 21 2023

    O Do It Yourself (DIY) aplicado á música fala de que a artista asuma, en maior ou menor grao, o proceso de creación. Pero sobre todo ten que ver coa creación á marxe da industria mainstream e das grandes disqueiras, coa independencia coma un fin e non un medio. A forma máis intuitiva sería a de traducila como "faino ti mesma", pero a que máis se achega á realidade é "facédolo vós mesmas", pola idea do colectivo que tamén vai pegada ao DIY.


    É complicado separar o que é ou non DIY en Galicia por ser a nosa unha cultura non hexemónica e sen apenas infraestrutura propia. Por iso, invitamos a dúas persoas que defenden e se sinten identificadas co que é un xeito de facer as cousas: Adán Canda (Lamprea Explosiva) e Daniel Valcárcel (Aeronave Adolescente). Berto acompáñanos no estudio para unirse á conversa.

    Show More Show Less
    1 hr and 14 mins
  • Ep. 07 - Novo pop galego
    Jun 7 2023
    Quedou ben claro que nos gusta transitar as ambigüidades. É momento de abrir o gran caixón de xastre dos xéneros (e iso que hai moitos!): o pop. Por iso, invitamos a tres persoas que pouco teñen que ver entre elas -musicalmente falando-, pero que se gardan baixo este paraugas na que todo cabe: Mariagrep, Elba e Maiko Leinad. Con elas preguntámonos que dinámicas observan dentro da escena galega, se hai pop no underground e como se presenta a misoxinia e a cisheteronormatividade. Esta vez sen colaboradores na mesa. 00:02:45 - Estado da cuestión 00:14:37 - Entrevista 00:43:54 - Conversa
    Show More Show Less
    1 hr
  • Ep. 06 - O rock en Galicia
    May 24 2023

    Isto vai sobre rock: sobre se é principalmente unha cuestión de actitude, sobre se pode haber rock sen guitarras e, o máis importante, sobre se realmente segue vivo o rock. Conversamos e compartimos impresións arredor destas cuestións con Isa Cea, vocalista e baixista en Triángulo de Amor Bizarro; Samuel González, vocalista e guitarrista en The Rapants, e Óscar Revillas, vocalista e baixista en Copa Turbo.

    Esa é a teoría. Na práctica, atópamonos fronte ao episodio máis caótico dos Violentos Anos Vinte. Desconéctase un micro pola emoción desatada en plató, Isa despídese en directo (e non porque a tratásemos mal!) mentres decidimos que facer cos 15 minutos que nos quedan e o episodio á metade... Nunca un guión se sentiu tan ignorado. Ah! E, por suposto, o noso colaborador Nuno Pico está de volta. Puro rock.


    00:02:09 - Estado da cuestión

    00:17:00 - Entrevista

    00:58:58 - Despedimos a Isa e intentamos manter unha conversa

    01:08:29 - 'Saber vivir' con Nuno


    Show More Show Less
    1 hr and 15 mins

What listeners say about Violentos Anos Vinte

Average Customer Ratings

Reviews - Please select the tabs below to change the source of reviews.

In the spirit of reconciliation, Audible acknowledges the Traditional Custodians of country throughout Australia and their connections to land, sea and community. We pay our respect to their elders past and present and extend that respect to all Aboriginal and Torres Strait Islander peoples today.